Viños con denominación de orixe
A denominación de orixe Rías Baixas é unha das grandes referencias vitivinícolas de Galicia. Os seus viños están estreitamente ligados ao territorio, á influencia do clima atlántico e ao cultivo de variedades autóctonas que forman parte da paisaxe e da cultura galega desde hai séculos.
O territorio da D.O. Rías Baixas organízase en cinco subzonas: Val do Salnés, O Rosal, Condado do Tea, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Cada unha delas presenta características propias que contribúen á diversidade dos viños elaborados baixo esta denominación. Salceda de Caselas forma parte da subzona Condado do Tea, unha área vitivinícola situada no sur de Galicia onde o cultivo da vide continúa sendo unha actividade ligada á identidade do territorio.

Subzona Condado do Tea
Caracterízase pola elaboración de viños nos que as variedades Albariño e Treixadura teñen un papel protagonista. Para que un viño poida comercializarse baixo a mención «Rías Baixas Condado do Tea», a suma destas dúas variedades debe representar, como mínimo, o 70 % da composición. O resto pode completarse con outras variedades brancas autorizadas pola denominación, sempre procedentes de viñedos situados dentro desta subzona.

As variedades que dan personalidade aos viños
A riqueza da D.O. Rías Baixas baséase nas súas variedades autóctonas. Entre as variedades brancas destacan Albariño, Loureira, Treixadura, Caíño Branco, Godello e Torrontés. A variedade Albariño é a gran protagonista da denominación, mentres que a Treixadura mantén unha especial vinculación coa subzona Condado do Tea.
Xunto ás variedades brancas tamén se conservan variedades tintas tradicionais como Caíño Tinto, Castañal, Espadeiro, Loureira Tinta, Sousón, Mencía, Brancellao e Pedral. Estas variedades contribúen a manter a diversidade vitivinícola e a riqueza do patrimonio agrícola galego.

Unha tradición viva en Salceda de Caselas
O viño forma parte da historia, da paisaxe e da cultura de Salceda de Caselas. Os viñedos modelan o territorio e constitúen un elemento característico de moitas das paraxes que atravesa a ruta.
Dentro desta tradición destacan adegas como pazo Pegullal e a adega Corisca, que contribúen a manter vivo o vínculo entre a viticultura, o territorio e a identidade local.
A ruta enogastronómica «Callos e Viño en Ruta» permite descubrir esta relación entre viño, paisaxe e patrimonio, achegando as persoas visitantes a unha das expresións máis representativas da cultura local.
O viño forma parte da historia, da paisaxe e da cultura de Salceda de Caselas. Os viñedos modelan o territorio e constitúen un elemento característico de moitas das paraxes que atravesa a ruta.
Dentro desta tradición destacan adegas como Pazo Pegullal e Adega Corisca, que contribúen a manter vivo o vínculo entre a viticultura, o territorio e a identidade local.