A Festa dos Callos

Unha tradición gastronómica que define a identidade de Salceda de Caselas.

Cada ano, milleiros de persoas reúnense arredor dun prato convertido xa nun símbolo da cultura e da tradición local.

Xa non queda nada!

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

Descubre a historia

Unha festa con historia

Máis de 30 anos de tradición

A Festa dos Callos de Salceda de Caselas naceu en 1993 coa intención de poñer en valor unha das elaboracións máis representativas da gastronomía local: os callos.

Impulsada por veciñanza, entidades locais e o Concello, a celebración foi medrando edición tras edición ata converterse nun dos eventos gastronómicos máis recoñecibles da comarca.

Co paso do tempo, a festa consolidouse como un espazo de encontro arredor da tradición culinaria, da cultura popular e da identidade colectiva de Salceda de Caselas.

O sabor da identidade local

Un prato ligado á historia de Salceda de Caselas

A Festa dos Callos vai máis alá da degustación gastronómica. Cada edición convértese nun punto de encontro para veciñanza, visitantes, asociacións e colectivos locais.

A celebración forma parte da memoria colectiva do municipio e representa a conexión entre tradición gandeira, produto local e cultura culinaria.

Os callos forman parte da tradición culinaria de Salceda de Caselas desde hai xeracións. A súa elaboración está vinculada á cultura do aproveitamento e á tradición da matanza, profundamente arraigada no territorio.

Hoxe continúan sendo un dos pratos máis recoñecibles da gastronomía local e un símbolo da identidade do municipio.

Na actualidade, a Festa dos Callos reúne cada ano a milleiros de persoas e consolidouse como unha das citas gastronómicas máis destacadas da contorna.

A súa capacidade de convocatoria e o ambiente festivo converten a celebración nun dos grandes momentos do calendario social e cultural de Salceda de Caselas, sendo un refernete gastronómico en Galicia

Coñece a festa a camiñando por Salceda de Caselas

A Ruta Enogastronómica «Callos. e Viño en Ruta» permite descubrir todo o que hai detrás da Festa dos Callos: a tradición gandeira, os produtos locais, a paisaxe e as prácticas culturais que fan posible esta celebración.

Un percorrido para entender a relación entre gastronomía, territorio e identidade local.