Callos e Viño en Ruta
Un percorrido enogastronómico para descubir Salceda de Caselas camiñando
Descubre Salceda de Caselas a través dunha ruta de 4 km que combina gastronomía local, patrimonio, natureza e experiencias interactivas.
Como facer a ruta?
A ruta está sinalizada mediante balizas direccionais distribuídas ao longo de todo o itinerario para facilitar un percorrido autónomo, cómodo e intuitivo.
Para seguir correctamente o trazado:
- Presta atención á sinalización
- Segue a dirección indicada nas balizas
- Emprega a numeración como referencia do avance na ruta

Tipos de balizas
Tipos de balizas
Balizas urbanas
Nos tramos urbanos, as balizas intégranse no pavimento mediante lousas de granito colocadas no chan, mantendo unha estética discreta e respectuosa coa contorna.
Balizas rurais
Nas zonas rurais, as balizas colócanse sobre soportes de plástico reciclado visibles sobre o terreo, permitindo identificar facilmente o percorrido entre camiños e sendas naturais.
Experiencia interactiva
Os paneis interpretativos distribúense en distintos puntos da ruta para axudar a comprender a relación entre gastronomía, territorio e patrimonio local.
A través dos códigos QR integrados nos paneis poderás acceder a contidos interactivos, preguntas, xogos e pequenas dinámicas que fan da experiencia unha forma diferente de descubrir Salceda de Caselas.
Mapa da Ruta Enogastronómica
Consulta o percorrido completo dividido en 6 tramos e descubre os principais puntos de interese da ruta.
Consulta o percorrido completo dividido en 6 tramos e descubre os principais puntos de interese da ruta.