A Festa dos Callos

Unha tradición gastronómica que define a identidade de Salceda de Caselas.

Cada ano, milleiros de persoas reúnense arredor dun prato convertido xa nun símbolo da cultura e da tradición local.

Xa non queda nada!

000 DÍA(S)
:
00 HORA(S)
:
00 MINUTO(S)
:
00 SEGUNDO(S)

Descubre a historia

Unha festa con historia

Máis de 30 anos de tradición

A Festa dos Callos de Salceda de Caselas naceu no ano 1993 coa vontade de poñer en valor un dos pratos máis representativos da gastronomía tradicional galega. Desde entón, a celebración foi medrando edición tras edición ata converterse nun dos eventos gastronómicos máis recoñecidos do municipio e nun referente para veciñanza e visitantes.

Moito antes de 1993, este prato xa formaba parte da vida social e gastronómica da vila, estando presente nos fogares, nos bares e nas casas de comidas, así como nas reunións familiares e nos encontros veciñais arredor da mesa.

Esta tradición culinaria está ligada á cultura do aproveitamento, á cociña de orixe rural e ao saber facer transmitido de xeración en xeración. Unha receita que soubo manterse viva co paso do tempo e que hoxe continúa formando parte da identidade gastronómica de Salceda de Caselas.

A Festa dos Callos nace precisamente dese vínculo histórico entre o territorio e unha elaboración que, máis ca un prato, representa unha parte importante da memoria colectiva do municipio.

Durante tres décadas foi medrando e, na actualidade, a Festa dos Callos reúne cada ano  milleiros de persoas e consolidouse como unha das citas gastronómicas máis destacadas da contorna.

O sabor da identidade local

Unha festa feita entre todos e todas

Coñece a festa camiñando por Salceda de Caselas

A ruta enogastronómica «Callos e Viño en Ruta» permite descubrir todo o que hai detrás da Festa dos Callos: a tradición gandeira, os produtos locais, a paisaxe e as prácticas culturais que fan posible esta celebración.

Un percorrido para entender a relación entre gastronomía, territorio e identidade local.