Callos e Viños en ruta
Un percorrido enogastronómico para descubrir Salceda de Caselas camiñando
Benvido á Ruta Enogastronómica de Salceda de Caselas
A Ruta Enogastronómica de Salceda de Caselas propón unha experiencia que combina gastronomía tradicional, cultura local, patrimonio e natureza. Ao longo do percorrido descubrirás a historia dos callos, a tradición vitivinícola do municipio e os espazos que forman parte da identidade deste territorio do sur de Pontevedra.
Unha proposta de turismo enogastronómico en Galicia pensada para camiñar, aprender e gozar dos sabores, das paisaxes e das historias que fan único este lugar.
Vive Salceda de Caselas
Un roteiro entre tradición, natureza e gastronomía
Callos e Viño en Ruta é un itinerario circular de aproximadamente 4 quilómetros que combina casco urbano, camiños tradicionais e contorna natural. Ao longo do percorrido poderás coñecer a orixe dos callos, a importancia do viño na identidade local e os elementos patrimoniais e paisaxísticos que caracterizan o municipio.
A ruta está deseñada para realizar de forma autónoma e permite descubrir o territorio ao teu propio ritmo.
Un territorio que se entende a través do sabor
Tradición Gastronómica
Callos, viño e produto local contan a historia dun territorio marcado pola tradición gandeira e a cultura gastronómica.
Sabores auténticos que culminan nun dos eventos gastronómicos máis emblemáticos do concello, a Festa dos Callos.
Ruta Intelixente
A túa experiencia actívase no propio camiño. Atopa contidos interactivos, xogos e preguntas ao longo de todo o percorrido
Paisaxe e Territorio
Un percorrido para conectar coa orixe dos nosos produtos, ríos, viñedos, camiños e paisaxes rurais acompañan un percorrido que invita a descubrir o patrimonio natural e cultural de Salceda de Caselas.