Salceda de Caselas: un territorio que se entende a través do sabor

Gastronomía, viño, paisaxe e patrimonio nun percorrido para descubrir a identidade dun territorio

Vive Salceda de Caselas coa súa Ruta Enogastronómica

A Ruta Enogastronómica de Salceda de Caselas propón unha experiencia que combina gastronomía tradicional, cultura local, patrimonio e natureza. Ao longo do percorrido descubrirás a historia dos callos, a tradición vitivinícola do municipio e os espazos que forman parte da identidade deste territorio do sur de Pontevedra.

Unha proposta de turismo enogastronómico en Galicia pensada para camiñar, aprender e gozar dos sabores, das paisaxes e das historias que fan único este lugar.

Vive a experiencia! Descubre aquí a ruta de Callos e Viño

Un territorio que se entende a través do sabor

Tradición Gastronómica

Callos, viño e produto local contan a historia dun territorio marcado pola tradición gandeira e a cultura gastronómica.

Sabores auténticos que culminan nun dos eventos gastronómicos máis emblemáticos do concello, a Festa dos Callos.

Ruta Intelixente

A túa experiencia actívase no propio camiño. Atopa contidos interactivos, xogos e preguntas ao longo de todo o percorrido

Paisaxe e Territorio

Un percorrido para conectar coa orixe dos nosos produtos, ríos, viñedos, camiños e paisaxes rurais acompañan un percorrido que invita a descubrir o patrimonio natural e cultural de Salceda de Caselas.